O noso cole

Tomás, Iván e David de 4º de Educación Primaria fannos esta videotarxeta de presentación do CPI Mosteiro Meis.

Trátase dun proxecto da aula de Audición e Linguaxe no que o alumnado traballou de xeito autónomo dende novembro ata marzo para chegar á consecución deste video, para o que tiveron que facer o guión, o storyboard, a rodaxe, a montaxe (coa axuda do profe), o deseño de carteles e invitacións e por último a estrea.

Advertisements

Xornalistas escolares

Xornalistas escolaresO proxecto de Xornalistas Escolares nace da aula de Audición e Linguaxe ante a
imposibilidade de dar resposta á diversidade do centro, debido ao escaso horario que existe para esta especialidade nun CPI, que abrangue Educación Primaria e Secundaria.

Co obxectivo principal de mellorar a comunicación e expresión oral e tamén escrita do alumnado dos nosos últimos ciclos de Educación Primaria o mestre Javier leva a cabo este proxecto no que nunha primeira edición poderá apuntarse, de xeito voluntario, alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. Ademáis trátase de potenciar e primar a autonomía e a iniciativa do alumnado.

A mellora da comunicación oral concrétase na elaboración de novas relacionadas co eido do centro escolar que cristalizarán en podcast de radio e en novas escritas neste diario dixital.

2017-11-06 21.14.34
Carnés dos xornalistas

Os protagonistas son todos os alumnos e alumnas que de xeito voluntario e por parellas, participan neste proxecto piloto e que durante dúas semanas exercerán de xornalistas por todo o centro.

Co seu carné de prensa terán certos privilexios á hora de estar na primeira liña dos eventos máis destacados do centro, saídas ou experiencias novidosas, así como o “dereito á impertinencia”, que lles permitirá preguntar e resolver dúbidas durante todos estos eventos. Aparte poderán solicitar se así o necesitran o emprego temporal dunha cámara de fotos dixital. Tamén serán usuarios directos dunha tablet e un ordenador portátil para a subida dos contidos a este diario. Por último, aprenderán o manexo principal da mesa de mezclas e editor de audio da Radio Escolar Mosteiro Meis.

Ao longo do curso o alumnado que demostre ter mellorado na elaboración de novas e transmisión das mesmas irá adquirindo novos niveis e responsabilidades, categorizadas do seguinte xeito por orde de importancia:

  • Becari@
  • Plumilla
  • Locutor/a
  • Director/a

Adiante xornalistas!

Podedes saber como lles vai, nesta dirección https://xornalistasescolares.wordpress.com

Las adaptaciones curriculares

Ha empezado el nuevo curso y siempre surgen dudas de todo tipo sobre las adaptaciones curriculares. ¿Qué son? ¿Cómo le van a afectar a mi hijo o hija? ¿Qué tipos hay? ¿Cómo están reguladas en la normativa actual? …

Pues bien para resolver todas estas preguntas frecuentes, aquí os dejamos este interesante documento sacado de www.discapacitodos.com firmado por Fátima Ma García Doval y con una licencia para compartir Creative Commons Reconocimiento-NoComercial 4.0 Internacional License.

AAC-FAQ1

Esperamos que os sea de ayuda y ánimo con el nuevo curso.