Cambiar está na túa man

Este ano o alumnado de 3º de Primaria propón que cambiemos a nosa actitude cara á violencia contra a muller. Eles din que “Cambisar está na túa man”, comezando por eliminar as palabras que xeneran violencia.

#cambiarestánatúaman

Advertisements

Paz en Siria

Dende o Departamento de Orientación e máis específicamente do Equipo de Convivencia quixemos aproveitar a data do Día da Paz para sensibilizar ao alumnado da situación que están vivindo as nenas e nenos refuxiad@s de Siria.

Os distintos cursos participaron con diferentes actos que ao longo do 30 de Xaneiro que iremos mostrando aquí. As aulas de 3ºA e 3ºB fixeron un video para enviar as súas mensaxes de ánimo e apoio a tod@s @s nen@s refuxiad@s.

TDAH, COMO NOS SENTIMOS!

1f6cc1e72c26e80edb3d86c8e43049cb

Os alumnos con TDAH e TDA necesitan  unhas rutinas claras para poder realizar as actividades, tanto da casa como da escola.

As dificultades para organizarse e adaptarse ao ritmo da clase deste alumnado, fan necesario que  teñan unhas pequenas axudas visuais que regulen o seu traballo ao longo da xornada escolar. Tamén na casa se deben utilizar.

No noso Centro elaboramos unha escala de rutinas a realizar nos períodos lectivos. Deixamos aquí o enlace para todos os que as precisedes,  ou tamén vos sirvan de modelo.

rutinas-aula-tdah

Rexeita o maltrato #NONPASESDETODO #25N e o AMOR vs DESAMOR

Dende o Departamento de Orientación do CPI Mosteiro Meis preparamos unha iniciativa para sensibilizar ao alumnado de secundaria e primaria o 25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O alumnado de 4º da ESO levou a cabo unha curta na que se denuncia a indiferencia dos adolescentes fronte aos casos de violencia machista nas parellas.

Pola súa banda o alumnado de primaria dos cursos de 1º e 2º elaboraron uns debuxos nos que explicaban as situacións nas que había AMOR e outras nas que había DESAMOR e despois explicáronno diante das cámaras.